Regulamento do Sistema Interno de Información e creación da Oficina do Fraude e de Protección do Denunciante

 

Artigo 1.- Obxeto 

O presente regulamento ten por obxeto regular o sistema interno de información do Concello de Arteixo e das súas entidades dependentes, co gallo de identificar e correxir tempranamente as posibles infraccións do ordeamento xurídico que puideran cometerse con ocasión do seu funcionamento; garantir o anonimato ás persoas denunciantes e dispensarlles a máis ampla protección prevista no ordeamento xurídico.

 

Artigo 2.- Ámbito persoal 

O Sistema Interno de Información do Concello de Arteixo permite a comunicación de posibles infraccións aos informantes que manteñan unha relación laboral ou estatutaria especial co concello de Arteixo ou algunha das súas entidades dependentes e que obtivesen información sobre infraccións acontecidas no contexto laboral,  profesional ou estatutario, comprendendo en todo caso as seguintes: 

  1. Todas as persoas que teñan a condición de empregados públicos do Concello de Arteixo ou entidades dependentes. 

  2. Todos os profesionais autónomos, provedores, contratistas, subcontratistas ou calquera outro terceiro con quen o Concello ou entidades dependentes manteña ou mantivese anteriormente calquera relación comercial ou profesional, con inclusión de todas as persoas que traballen para os mesmos ou baixo a supervisión ou dirección de contratistas, subcontratistas e provedores do Concello.

  3. Calquera persoa que teña unha relación laboral ou estatutaria xa finalizada co Concello ou entidades dependentes, voluntarios, bolseiros, traballadores en períodos de formación con independencia de que perciban ou non unha remuneración e mesmo as persoas participantes en procesos de selección de persoal, a condición de que a información sobre a infracción obtívose durante o proceso de selección ou de negociación precontractual. 

  4. Aos usuarios dos servizos públicos do Concello de Arteixo xestionados de forma directa ou indirecta e beneficiarios de achegas, premios ou subvencións así coma aos solicitantes de títulos habilitantes. 

As medidas de protección do informante tamén se aplicarán, no seu caso, especificamente aos representantes legais das persoas traballadoras no exercicio das súas funcións de asesoramento e apoio ao informante.

 

Artigo 3.- Creación do sistema interno de información do Concello de Arteixo

Créase o sistema interno de información do Concello de Arteixo, como cauce preferente para informar sobre as accións ou omisións previstas no artigo 2 da Lei 2/2023, de 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción.

 

Artigo 4.- Principios xerais de funcionamento do sistema interno de información do Concello de Arteixo

O Concello velará por que o sistema interno de información cumpra todos os requisitos establecidos na Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción e, en particular: 

  1. Accesibilidade: o Sistema Interno de información debe permitir comunicar, xa sexa por escrito, verbalmente ou de ambos os modos, a información sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción a todas as persoas incluídas no seu ámbito de aplicación. 

  2. Independencia: o Sistema Interno de información do Concello debe ser independente e diferenciado respecto dos Sistemas de información de outras entidades locais e mesmo dos sistemas das entidades dependentes, con independencia da posibilidade de empregar medios compartidos.

         Asemade, o persoal adscrito ao sistema interno de información exercerán a súa función con plena independencia, sen que poidan recibir outras ordes que as que emitidas polo Responsable do sistema.

  1. Confidencialidade: garántese a confidencialidade da identidade do informante e de calquera persoa mencionada na comunicación, así como das actuacións que se desenvolvan na xestión e tramitación da mesma.  A canle interna de información permitirá a presentación e tramitación de comunicacións anónimas. 

  2. Protección de datos persoais

  3. Secreto de comunicacións

  4. Seguridade e protección das persoas informantes e afectadas.

  5. Presunción de inocencia e respecto á honra das persoas afectadas.

O Responsable do sistema aprobará unha estratexia que desarrolle os principios anteriormente enumerados, que será publicada no Portal de Transparencia do Concello de Arteixo.

 

Artigo 5. - Xestión do sistema interno de información

A Xestión do sistema interno de información do Concello de Arteixo se realizará pola propia entidade.

Non obstante, o Concello poderá contratar a suministración dos medios electrónicos precisos para a xestión do canal de información.

 

Artigo 6.- Canles de información

O sistema interno de información do Concello de Arteixo disporá dos seguintes canles de información:

a).- Canle electrónico expresamente habilitado

b).- Correo postal, correo electrónico ou presentación documental presentada perante o rexistro electrónico ou na oficina de asistencia en materia de rexistro.

c).- Comunicación verbal.

 

Artigo 7.- Canle interno electrónico

O sistema interno de información disporá de unha canle electrónica cuxo acceso estará disponible na páxima de inicio da web. institucional, nunha sección separada e fácilmente identificable co enunciado “canal de denuncias”. 

Xunto co acceso ao canle electrónico se publicará información sinxela sobor o sistema interno de información así coma o enlace á Lei 2/2023, de 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infracciós normativas e de loita contra a corrupción  e ao presente regulamento

A canle interna permitirá realizar comunicacións por escrito ou verbalmente, ou das dúas formas. 

A canle electrónica deberá dar a opción no inicio do formulario da presentación da denuncia coma nominal ou anónima, configurando por defecto a presentación da denuncia coma denuncia anónima.

No suposto de presentación da denuncia coma anónima, non se requerirá a cumplimentación de dato identificativo algún.

A canle electrónica deberá realizar de xeito automático a disociación dos datos personais dos denunciantes na xeración de informes ou documentos, requerindo de diferentes rangos de permiso de acceso aos datos personais daqueloutros meramente descriptivos dos feitos denunciados.

De permitir a grabación de mensaxes de voz, a canle deberá permitir disociar os datos biométricos mediante un grao de distorsión axeitado.

 

Artigo 8.- Canles internos postais e presenciais

A oficina de asistencia en materia de rexistro permitirán a presentación de comunicacións anónimas remitidas por medios postais ou presentadas de xeito presencial. A tal fin, a oficina de asistencia en materia de rexistro non requerirá dos datos persoais do presentador ou do denunciante para a recepción da comunicación.

Do mesmo xeito, a oficina de asistencia ao rexistro non rexeitará as denuncias recibidas a través dos correos electrónicos institucionais.

Recibida unha comunicación destinada ao sistema interno de información, a oficina de asistencia en materia de rexistro a remitirá de inmediato á Oficina de prevención do fraude e protección do denunciante sen practicar asento no rexistro xeral municipal e sen efectuar a apertura do sobre ou embalaxe no que se presentare dita comunicación ou que se xuntase á mesma.

Ademáis de presentación escrita – electrónica ou postal- as comunicacións poderán efectuarse verbalmente mediante entrevista presencial co xestor do sistema, ou ben mediante a mensaxe de voz cursada a través da canle electrónica.

No suposto de que o denunciante opte pola comunicación verbal presencial, ésta será debidamente documentada, ben mediante grabación de voz ou de video e voz en formato seguro, duradeiro e accesible; ben mediante o levantamento do correspondente acta que deberá ser asinada polo denunciante.

Os funcionarios que, por razón do seu posto de traballo, teñan coñecemento da identidade do denunciante ou do contido da comunicación están suxeitos ao deber de confidencialidade contemplado na Lei 2/2023, de 20 de febreiro, de protección do denunciante.

 

Artigo 9.- Dereitos das persoas usuarias da canle interna de información 

1. As comunicacións en ningún caso comportan o inicio dun procedemento administrativo. Tampouco a presentación da comunicación xera a condición de persoa interesada nun procedemento administrativo. 

2. As comunicacións non son constitutivas do exercicio do dereito de petición, nin comportan a formulación dun recurso administrativo, nin o exercicio de calquera acción ou reclamación a que poidan ter dereito as persoas que as formulan.

3. O Concello de Arteixo protexerá nos seus dereitos as persoas que fagan uso do canle de denuncias, sen que con motivo da súa comunicación ou consulta se poidan derivar consecuencias lesivas para a súa esfera persoal ou profesional, salvo que as comunicacións se realicen con pleno coñecemento da súa falsidade ou faltando de maneira temeraria á verdade. 

4. As persoas usuarias da canle interna de información teñen dereito á confidencialidade das comunicacións e informacións que proporcionen, das consultas realizadas, así como a manter o seu anonimato se así o desexan.

5. As persoas usuarias do sistema interno de información que presentaran unha comunicación nominativa, poderán solicitar a súa conversión en denuncia anónima mediante a solicitude de cancelación dos seus datos persoais.

 

Artigo 10.- Obrigas das persoas usuarias da canle interna de información 

1. As persoas que fagan comunicacións deben ter indicios razoables ou suficientes sobre a certeza da información que comuniquen, e non se poderán formular comunicacións xenéricas, de mala fe ou con abuso de dereito. 

2. As persoas que informen ou denuncien están obrigadas a describir da maneira máis detallada posible os feitos ou condutas que comuniquen e deben proporcionar toda a documentación dispoñible sobre a situación descrita e, de ser o caso, os indicios obxectivos para obter as probas. 

3. As persoas usuarias da canle electrónica fanse responsables da conservación, coas debidas precaucións de seguridade, do código alfanumérico que identifica a súa comunicación e do seu uso só para os efectos de manter a relación coa persoa designada como xestora do sistema e de engadir información relevante. 

4. A persoa que efectúe unha comunicación de feitos que vulneren o principio de boa fe ou con abuso de dereito pode incorrer en responsabilidade civil, penal ou administrativa.

 

Artigo 11.- Efectos das comunicacións e denuncias anónimas

As comunicacións e as denuncias anónimas terán plena validez xurídica, debendo o responsable do sistema iniciar as actuacións previstas na Lei 2/2023, de 20 de febreiro, de protección do denunciante, se recae dentro do seu eido material de aplicación, ou remitila os servizos administrativos competentes por razón da materia para a tramitación do procedemento correspondente nos restantes supostos.

 

Artigo 12.- Responsable do sistema interno de información

Constitúese a Oficina de prevención do fraude e de protección do denunciante, coma órgano colexiado responsable do sistema interno de información.

A Oficina de prevención do fraude e de protección do denunciante estará integrado polo Alcalde ou concelleiro en quen delegue, que actuará coma Presidente da Comisión; o Interventor e o Secretario da Corporación en calidade de vogais. Exercerá de Secretario da Comisión un funcionario de carreira adscrito á Secretaría Xeral do Concello, quen asemade asumirá as funcións de asistencia administrativa á Comisión e máis ao xestor do sistema.

A Oficina de prevención do fraude e de protección do denunciante poderá emitir recomendacións para a adopción de medidas correctoras, sancionadoras ou mesmo de boas prácticas derivadas das investigacións, que serán trasladadas formalmente polo xestor do Sistema de información ao órgano ou unidade administrativa competente para a adopción das medidas propostas.

O funcionamento da Comisión rexirase polo disposto nos artigos 15 e seguintes da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

 

Artigo 13.- Xestor do sistema interno de información

A Oficina de prevención do fraude e de protección do denunciante delegará nun dos seus membros con condición de vogais as facultades de xestión do sistema interno de información e de tramitación dos expedientes de investigación.

Corresponde ao Xestor do sistema a admisión ou inadmisión, avaliación e investigación das denuncias, así coma a finalización da tramitación, dando conta períodicamente á Comisión de protección do denunciante das denuncias presentadas e da súa tramitación.

Non obstante, corresponde á Oficina de prevención do fraude e de protección do denunciante, previa proposta do xestor do sistema, a finalización da tramitación cando dos feitos denunciados poda derivarse responsabilidade penal ou contable.

 

Artigo 14.- Obrigas dos membros do órgano responsable do sistema interno de información

Tanto os membros da Oficina de prevención do fraude e de protección do denunciante coma o persoal funcionario que os asista terán a obriga inexcusable de gardar secreto respecto de calquer dato identificativo dos denunciantes.

O acceso aos datos identificativos do denunciante estará estrictamente reservado aos membros do órgano responsable do sistema, sen que poidan acceder aos mesmos o restante persoal municipal nin membros da corporación.

 

Artigo 15.- Natureza das actuacións

As actuacións de tramitación das comunicacións non inician un procedemento administrativo nos termos definidos pola normativa básica vixente. 

A investigación dos feitos recollidos nas comunicacións terá a consideración de dilixencias previas, e serán anteriores ao expediente administrativo que se poida iniciar de oficio.

A presentación de unha comunicación de información non confire a condición de interesada á persoa informante e non caberá ningún recurso contra o arquivamento das comunicacións ou o resultado das investigacións realizadas. 

 

Artigo 16.-. Recepción da información

Recibida unha información relativa a presuntas infraccións, rexistrarase e asignaráselle un número identificativo, que servirá para referenciar todas as comunicacións e actuacións que se realicen. 

Cando se trate de comunicacións escritas, sempre que se proporcione ou dispoña dun medio que permita dirixirse á persoa informante, enviarase xustificante de recepción no prazo de sete días naturais seguintes ao da súa recepción, salvo que iso poida pór en perigo a confidencialidade da comunicación. 

Na mesma comunicación, sempre que sexa posible nese momento, indicarase o arquivo ou a remisión ao órgano competente en función da materia ou da investigación en curso. 

Non procederá realizar o xustificante de recepción nin a comunicación de inadmisión cando se trate de comunicacións anónimas que deban cualificarse como manifestamente repetitivas, abusivas ou de contido imposible. 

 

Artigo 17.- Trámite de admisión e avaliación 

A análise do ámbito obxectivo e subxectivo para o acceso á canle interna de información, da verosimilitude da información e da suficiencia das evidencias achegadas a realizará o xestor do sistema. 

Nos casos nos que a denuncia ou a comunicación sexa admitida para a súa tramitación e poida ser investigada pero presente algunha carencia de información, poderá efectuarase o correspondente requirimento sempre que conste un medio ou enderezo de comunicación ou se presente a través dunha vía que o permita. 

Non se investigarán as seguintes comunicacións: 

a) No caso de que os feitos descritos non se refiran ás accións ou omisións que se enconten dentro do ámbito de aplicación da Lei 2/2023, sen prexuízo da remisión da comunicación debidamente anonimizada ao órgano ou unidade administrativa competente por razón da materia para a súa tramitación. 

b) Cando carezan de fundamento ou verosimilitude; cando carezan de contido esencial, resulten inintelixibles ou estean formuladas de forma vaga ou excesivamente xenérica e non fosen emendadas. 

c) Cando sexan manifestamente repetitivas, salvo que se aprecien novas circunstancias de feito ou de dereito que xustifiquen unha nova investigación. Entenderase que concorre esta causa cando non se conteña información nova e significativa sobre anteriores comunicacións previamente inadmitidas ou debidamente investigadas. 

d) Naqueles casos que teñan un carácter abusivo ao apreciar que a finalidade perseguida coa súa presentación non é que se realice unha investigación. 

 

Artigo 18.- Investigación

As actuacións de investigación someteranse a estricta confidencialidade respecto da persoa e dos feitos denunciados.

A investigación comprenderá todas aquelas actuacións necesarias a comprobar a verosimilitude dos feitos relatados e, de ser o caso, a obter evidencias e, en particular:

- Obter a declaración de aquelas persoas que poidan ter coñecemento directo dos feitos comunicados.

- Recabar copia dos expedientes ou documentos que garden relación con ditos feitos.

- Solicitar a emisión dos informes estrictamente necesarios daquelas unidades administrativas competentes para a súa emisión.

En todo caso, lembrarase a obriga de gardar deber de sixilo e confidencialidade. 

Nos expedientes incoados constarán as correspondentes declaracións asinadas nas cales se regule o deber de confidencialidade das persoas que interveñan na colaboración. 

A unidade xestora da canle emitirá un informe final no cal se recollan os feitos, as investigacións efectuadas e a proposta de finalización. 

Respecto ás persoas investigadas, serán informadas das accións ou omisións que se lles atribúen e de ser posible serán oídas pola unidade xestora da canle nos termos que a esta considere, respectando en todo caso o dereito á presunción de inocencia e á honra das persoas afectadas. A dita comunicación terá lugar no tempo e na forma que se consideren adecuados para garantir o bo fin da investigación. 

A totalidade do persoal ao servizo do Concello de Arteixo ou titulares dos seus órganos de goberno e das súas entidades dependentes teñen a obriga de colaborar co xestor do sistema nas actuacións de investigación, mediante a remisión da documentación ou a emisión dos informes solicitados polo xestor do sistema.

Dita obriga exténdese igualmente aos perceptores de subvencións ou axudas así coma aos contratistas do Concello de Arteixo e entidades dependentes.

 

Artigo 19.- Finalización

O prazo máximo para dar resposta será de tres meses contados desde a recepción da comunicación ou, se non se lle remitiu un xustificante de recepción ao informante, de tres meses a partir do vencemento do prazo de sete días despois de efectuarse a comunicación. Nos casos de especial complexidade que requiran unha ampliación do prazo máximo de resposta, este poderá ampliarse ata un máximo doutros tres meses adicionais. 

Cando os feitos sexan obxecto de infracción administrativa, remitirase a denuncia anonimizada ao órgano ou unidade administrativa competente por razón da materia para a súa tramitación.

Cando os feitos poidan ser indiciariamente constitutivos de delito, remitirase a información ao Ministerio Fiscal con carácter inmediato. 

Débese dar conta do resultado das actuacións realizadas á persoa informante, sempre que se dispoña dun medio de comunicación ao respecto. 

 

Artigo 20.- Rexistro de informacións 

1. O Concello deberá contar cun libro-rexistro das informacións recibidas e das investigacións internas a que desen lugar, garantindo, en todo caso, os requisitos de confidencialidade. 

Este rexistro non será público e unicamente nos supostos expresamente previstos na lei poderá accederse total ou parcialmente ao contido do referido rexistro. 

No ámbito do concello de Arteixo e das súas entidades dependentes, únicamente poderá acceder á información relativa á identidade do denunciante o delegado de protección de datos e o membro da Oficina de prevención do fraude e protección do denunciante no que se delegase a xestión do sistema.

2. Os concelleiros poderán acceder ao rexistro das informacións recibidas previa solicitude por escrito e previa sinatura de unha declaración de confidencialidade.

O dereito de acceso non abrangue aos datos identificativos das persoas denunciantes e denunciadas, nin aqueles outros datos ou documentos contidos na comunicación que permita ou facilite a súa identificación.

3. Os datos persoais relativos ás informacións recibidas e ás investigacións internas a que se refire o punto anterior conservaranse soamente durante o período que sexa necesario e proporcionado para efectos de cumprir coa Lei 2/2023.

4. A levanza do libro-rexistro corresponde ao membro da Oficina de prevención do fraude e protección do denunciante en quen se delegara a xestión do sistema de información.

 

Artigo 21.- Datos de carácter persoal 

De conformidade co previsto no artigo 9 da LOPD, relativo á protección de datos de carácter persoal: 

1. Os tratamentos de datos persoais que deriven da tramitación deste procedemento de xestión de informacións realizaranse de conformidade co disposto no título VI da Lei 2/2023. 

2. O Sistema interno de información debe impedir o acceso non autorizado e preservar a identidade e garantir a confidencialidade dos datos correspondentes ás persoas afectadas e a calquera terceiro que se mencione na información subministrada, especialmente a identidade do informante no caso de que se identificase. 

A identidade do informante soamente poderá ser comunicada á autoridade xudicial, ao Ministerio Fiscal ou á autoridade administrativa competente no marco dunha investigación penal, disciplinaria ou sancionadora, e estes casos estarán suxeitos ás salvagardas establecidas na normativa aplicable. 

Dita identidade non poderá ser comunicada a ningún membro da corporación ou empregado público que non teña a condición de xestor do responsable do sistema ou funcionario de carreira que teña a condición de asistente administrativo ao responsable.

3. Si a información recibida contén categorías especiais de datos, procederase á súa inmediata supresión, salvo que o tratamento sexa necesario por razóns dun interese público esencial conforme o previsto no artigo 9.2.g) do Regulamento xeral de protección de datos, segundo dispón o artigo 30.5 da Lei 2/2023.

4. Non se recompilarán datos persoais cuxa pertinencia non resulte manifesta para tratar unha información específica ou, de se recompilaren por accidente, eliminaranse sen dilación indebida. 

5. En todo caso, transcorridos tres (3) meses desde a recepción da comunicación sen que se iniciasen actuacións de investigación, deberá procederse á súa supresión, salvo que a finalidade da conservación sexa deixar evidencia do funcionamento do sistema. 

As comunicacións non tramitadas soamente poderán constar de forma anonimizada, sen que sexa de aplicación a obrigación de bloqueo prevista no artigo 32 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

 

Artigo 22.- Solicitude de amparo das persoas denunciantes ante a Oficina de prevención do  fraude e protección do denunciante do concello de Arteixo

Con independencia das medidas de protección previstas na Lei 2/2023, de 20 de febreiro, de protección do denunciante, o denunciante poderá solicitar amparo perante a Oficina de prevención do fraude e protección do denunciante, cando considere que está a sufrir unha represalia por algún órgano ou unidade administrativa do concello de Arteixo ou dende unha entidade dependente.

A solicitude de amparo participa da natureza de comunicación cursada a través do sistema interno de información e non ten a condición de recurso administrativo nin de alegación no seo de un procedemento administrativo.

A solicitude de amparo presentarase mediante comunicación na que se expresará:

a) A súa condición de informante a través do sistema interno de información, con indicación da comunicación cursada.

b) Descripción concreta dos actos, accións ou omisións nas que se concrete a represalia alegada.

A solicitude de amparo presentarase directamente perante a Oficina de prevención do fraude e protección do denunciante, quen deberá emitir informe no prazo máximo de un mes dende a súa presentación.

Con carácter previo á emisión do informe de amparo, a Oficina cursará a correspondente investigación.

O informe se pronunciará sobor a existencia das represalias alegadas e, no seu caso, sobor a adopción das correspondentes medidas correctivas e disciplinarias.

O informe emitido será comunicado ao denunciante. De apreciarse a existencia de represalias, se cursará a comunicación das medidas correctoras ao órgano, unidade ou entidade correspondente.

A solicitude de amparo gozará das mesmas garantías de confidencialidade que as restantes comunicacións cursada a través do sistema interno de información.

 

Artigo 23.- Apelación á condición de denunciante no seo de un procedemento administrativo

Si o denunciante apela á súa condición de informante no seo de un procedemento tramitado polo concello de Arteixo ou entidade dependente alegando represalia, o órgano tramitador deberá solicitar informe á Oficina de prevención do fraude e protección do denunciante, quen deberá emitir informe no prazo máximo de dez días.

Dito informe, que terá carácter preceptivo e vinculante, se pronunciará exclusivamente sobor a razoabilidade do alegato de represalia e poderá incluir unha proposta de tramitación ou de resolución.

 

Disposición final

O presente regulamento entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicacion no Boletín Oficial da Provincia